Sobre nós

GBU é un grupo de asociacións universitarias. Atoparasnos en máis de 40 universidades de España e formamos parte dunha rede de asociacións similares en máis de 160 países de todo o mundo. En Galicia estamos en Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense.

Somos estudantes que vemos a Biblia como un libro relevante, xa que que tivo -e segue a ter-unha influencia inesquecible sobre o noso pensamento, a nosa sociedade e a nosa cultura. Para máis, trata cuestións existenciais do ser humano de maneira actual e responde aos retos éticos, económicos, intelectuais e sociais do noso tempo. Por iso pensamos que encaixa na educación universitaria de calquera persoa e paga a pena lelo.

Somos moi conscientes de que tanto "a Biblia" como "Xesús" son palabra que poden levantar desconfianza. É comprensible. Aínda que ás veces, máis que ser unha opinión propia como resultado dunha lectura razoable e aberta, esa reacción é froito do descoñecemento e de prexuízos herdados. 

Por iso, dende GBU traballamos para crear espazos nos que calquera estudante, sexa cal for o seu contexto e as súas crenzas, poida achegarse á Biblia con naturalidade, descubrir ao Xesús histórico e opinar con bo xuízo. Úneste, ou?

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar