Eventos

Cada semana, reunímonos para dialogar sobre algunha pasaxe da Biblia e ver como se pode aplicar hoxe en día. Á parte diso, organizamos charlas, conferencias, xornadas, concertos, exposicións, roteiros culturais... 

Aquí podes ver o que se vai facendo en Galicia. Se queres consultar os eventos que GBU organiza a nivel estatal, telo na sección «No te lo pierdas» de gbuconecta.org

Xornadas universitarias Imaxina en Santiago

Do 9 ao 12 de marzo, temos unha chea de actividades no campus da USC. Non o perdas! 

Máis info nas RRSS de GBU Santiago

Descubre: La Biblia, ¿origen del Patriarcado? (Charla+Coloquio)

O 3 de marzo, na facultade de ferro do campus de Ourense, Laura Pérez estará connosco falando sobre machismo e Biblia. Non o perdas!

Máis info nas RRSS de GBU Ourense

Xirnadas universitarias Rethink na Coruña

Do 2 ao 5 de marzo, vémonos no Fika para tratarmos temas moi interesantes. Ao longo do día, estaremos polo campus facendo outras actividades.

Toda a info no instagram de GBU Coruña.

Descubre: ¿Personaje histórico o cuento de Navidad? (Charla+Coloquio)

O 4 de decembro, na facultade de ferro do campus de Ourense, J. Andrés Iglesias estará connosco falando sobre a historicidade do personaxe de Xesús. Non o perdas!

Máis info nas RRSS de GBU Ourense

Operación Christmas Child (ONN)

Este é un proxecto internacional para axudar a nenos e nenas que sofren por todo o mundo independentemente da súa raza ou relixión. Se vives/estudas en Santiago ou en Pontevedra, presta atención ás nosas RRSS, porque durante varios días estaremos a recoller caixas para levar agasallos de nadal a persoas que, doutra maneira, non recibirían nada. Animámoste a participar!

Descubre: La esperanza del planeta (Charla + Coloquio)

O venres 25 teremos a José Antonio da Maia en Ourense para tratar este tema na facultade de ferro. Agardamos verte! 

(Máis info no instagram de GBU Ourense)

Charla + Coloquio: Podémonos fiar do Evanxeo de Lucas?

Este mércores temos na Coruña un coloquio con Andrés Iglesias sobre este tema. 

Máis info no instagram de @gbucoru.

Empezamos curso!

Comeza un novo curso. Novas reus semanais, novos encontros... E inauguramos todo isto co campa de inicio de curso! Do 4 ao 6 de outubro, vémonos en Vilar. Máis info nas nosas RRSS.

Encontro de fin de curso

Vémonos este 15 de xuño en Santiago para pechar xuntos o curso! Info nas nosas RRSS

Xornadas Rethink na Coruña!

Do 11 ao 14 de marzo, teremos varias charlas, debates e coloquios nos que trataremos todos estes temas. Cada novo descubrimento dá lugar a unha revolución. 

Atréveste a re-pensar connosco?

Feliz acción de Grazas!

Este 23 de novembro estades convidad@s a cear connosco tanto en Santiago como en Coruña. 

 Info nas nosas RRSS.  

ReThink chega a Galicia

En Santiago de Compostela do 22 ao 25 de outubro estaremos reflexionando sobre cuestións como o machismo, a hipocrisía, a liberdade e o propósito da vida. Temas que ás veces se deixan de lado, pero que conteñen moito por descubrir. 

Cada novo descubrimento dá lugar a unha revolución. Atréveste a re-pensar connosco?

Feiras de asociacións

A universidade dá a benvida ás súas asociacións, nós damos a benvida á universidade.

Non perdas sorpresa ningunha no novo curso!

Campamento de Inicio de Curso 2018

Empeza un novo curso!

E co curso, chega o Campamento de Inicio de GBU 2018.

Do 28 ao 30 de setembro en Vilar. Inesquecibles. Damos grazas especialmente a Andrés Iglesias e ao noso pedazo equipo de cociña encabezado por Eunice. Máis inesquecibles aínda.

ALGO + Xornadas Universitarias

Que nota lle poñerías á túa vida? Que é vivir ben? Que nos falta? Hai algo máis?
Se non te queres conformar, pásate polas actividades destas Xornadas Universitarias. 

Santiago: 26 de febrero - 01 de marzo

A Coruña: 20-22 de marzo

Vigo: 2-5 de abril

Esperamos verte!

Protesta e Propón

Protesta e Propón é unha iniciativa que se levou a cabo en moitas universidades de España. 

Puxéronse taboleiros participativos onde o estudantado podía poñer por escrito escrito as súas protestas respecto a eidos de calquera tipo. 

Mais non queremos espertar o criticismo sen máis: por cada protesta debía haber algunha proposta para mellorar a situación criticada. Ao elaborar razoadamente as súas propostas alternativas, cada quen asume a responsabilidade de sometelas ao libre debate e encontro de ideas, e as análises e avaliacións sempre son construtivos. 

Deste xeito pretendemos espertar na universidade o espírito crítico que caracterizou á Reforma Protestante no seu día. Este mes fanse 500 anos dende o inicio de tal movemento, cuxos distintivos incluían unha crítica da autoridade imperial e eclesiástica a partir dunha elaboración consistente e razoada, posta por escrito e exposta á opinión pública. Europa é herdeira deste movemento, que rememoramos con este acto.  

CIC GBU Galicia 2017

Empezamos curso, e volvémonos a encontrar, coma sempre!
Lugar: Vilar.
Precio: Ata o 23 de setembro, 38€. A partir de aí, 43

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar